A Pascua Xoven de Arousa celebra esta vindeira fin de semana a súa cuadraxésima sexta edición, que se vai desenvolver no colexio Filipense de Vilagarcía de Arousa os días 26, 27 e 28 de abril de 2019.
En sintonía co Sínodo dos Xóvenes convocado polo Papa Francisco vaise tratar nesta xeira o tema do acompañamento. Queremos dende as Fases-Unidades didácticas de traballo e a Música, aprender e profundizar na difícil arte de acompañar aos nosos mozos por camiños de vida, de rebeldía evanxélica e compaixón. Aí estamos e contade connosco!!! TI COMIGO, EU CONTIGO
Ven e disfrutarás!






