Romaría na honra de San Pedro de Mezonzo

O pasado día do Pilar as Unidades pastorais de Curtis, Coirós e Requián  organizaron unha romaría na honra de San Pedro de Mezonzo. Na Igrexa de Nª Sra da Ciadella (concello de Sobrado dos Monxes) congregáronse unhas 400 persoas para venerar a memoria deste santo curtiense de finais do século dez. Os actos do día incluíron a celebración dunha Misa Solemne en galego, un pregón a cargo do Dr. Bastos Boubeta, profesor da Universidade de Santiago e un xantar de confraternización.