Historia e actualidade do movemento ecuménico: A actitude tradicional da Igrexa Católica fronte ó Movemento Ecuménico

A Igrexa Católica nun principio foi reticente ás iniciativas ecuménicas, pois pensaba que as mesmas poñían en dúbida a súa verdade como sociedade perfecta. Como tal, non tiña que reunirse con ninguén. Máis ben terían que ser “os que se foron” os que debían volver. Por iso, os papas de inicios do século XX prohibían aos católicos participar en este tipo de iniciativas (Pio XI, encíclica Mortalium animos, 1928).

O proceso de mentalización durou varias décadas e tería o seu punto culminante no Concilio Vaticano II. Pero, vale a pena salientar a iniciativa do franciscano Paul Watson, no 1908, que deu inicio á Semana de oración pola unidade dos cristiás. Tamén, a contribución do dominico Y. M. Congar,  coa súa obra Chrétiens désunis (cristiás desunidos), marcará o comezo dunha eclesioloxía de comuñón que tenta de superala  visión apoloxética, para volver á  gran tradición, bíblica e patrística da Igrexa. Nela o centro é Xesucristo. A Igrexa é servidora, e está condicionada polas marcas da historia, que a fan consciente da súa necesidade de conversión é reforma. Nesa visión, os demais cristiás, non teñen que volver á Igrexa, pois nunca se foron. Son de Cristo, e se son de Cristo, están xa na súa casa.

Un feito non menos importante que os anteriores, e outros que poderíamos citar, foi nos anos da segunda posguerra mundial a fundación da comunidade ecuménica de Taizé, polo monxe protestante Roger Schutz. Nela viven xuntos monxes de varias Igrexas, para ir realizando na práctica a comuñón eclesial a través de la oración, a vida común, e a acollida de milleiros de xoves de todo o mundo.

Benito Méndez
Profesor do ITC