Xa o temos nos altares, hai pouco que entrou na nosa liturxia da Santa Misa.
Maior de tamaño, tipografía máis visible, artísticas ilustracións, posto ó día coas celebracións que foron aparecendo. Tamén algúns engadidos novos. Pero o 90% do contido é o mesmo ca o da segunda edición.
Qué melloras aparecen máis notorias?:
1.- Unha traducción moi coidada. Especialmente nas oracións. Debeu haber un equipo de literatos que souberon traducir uns textos que son, non xa para ser lidos, senón proclamados na Asemblea dos Fieis.
2.- Felicitémonos porque no texto do Misal non aparece o desdoblamento de xénero tan habitual na fala de políticos.
Estamos cansos de oir: galegos/galegas; ciudadanos /ciudadanas…
Os académicos esfórzanse para cortar esta duplicidade, pero xa vai sendo tarde. Esa forma de falar é populista, demagóxica, gramaticalmente incorrecta.
Vexamos. Tanto en galego como en castelán, ademáis dos xéneros masculino e feminino, hai o xénero epiceno que serve para expresar,non un individuo ou outro, senón a especie. Se lemos no Misal: el hombre fue redimido por Cristo, ese hombre non é do xénero masculino, senón do epiceno. Equivale a dicir: la humanidad fue redimida por Cristo.
Poderiamos multiplicar os exemplos aludindo a pombas, flores, árbores… porque neses grupos hai seres femininos e masculinos.
Polo tanto, son substantivos de xénero epiceno.
3.- Por outra parte, gustaríanos que en vez de siervos traducisen hijos. Tamén un exacto emprego dos pretéritos perfectos e indefinidos, que son riqueza da lingua castelá, anque oralmente os confundamos. Non é o mesmo ha resucitado que resucitó. No pretérito perfecto o acontecemento acaba de suceder. Esta distinción non a ten nin o latín nin o galego. Os bos escritores usan adecuadamente ambos pretéritos. Nos prefacios pascuais e nalgunha aclamación despois da consagración aparecen conxuntamente os dous tempos. Así temos: ha sido inmolado con fue demolida; ha resucitado con murió. Así na anáfora 1ª para Misas con Nenos. O día da Vixilia Pascual é propio que se empregue o pretérito perfecto: Ha resucitado.
Xosé Pumar Gándara