Conta con fundamento doutrinal e o refrendo de dous tercios nas conclusións aprobadas nos Sínodos da Familia dos anos 2.014 e 2.015. Recomendamos a lectura total. Resumimos o máis importante.
Nº 9.- O papa ratifica os principios fundamentais do matrimonio cristián: unidade e indisolubilidade.
Nº 31 e ss.- Unha mirada benevolente ante as dificultades da familia no mundo actual.
Nº 61 e ss.-Recorda Francisco a ensinanza dos tres últimos papas.
Nº 79.- Hai que discernir ben as situacións.
Dedica Francisco catro capítulos para falar do amor matrimonial e da educación total dos fillos.
Pasamos ao capítulo VIII que foi o máis discutido: Acompañar e integrar a fraxilidade.
Nº 295.-A chamada lei da gradualidade, non a gradualidade da lei (Idea de teólogos moralistas, recollida por Xan Pablo II): Avanzamos pouco a pouco na progresiva integración na nosa vida persoal e social (Isto mesmo xa o aportaron os nosos misioneiros cando se encontraban con matrimonios celebrados en culturas propias, incompatibles co ideal cristián.
Nº 298.- Casos difíciles para cumplir coa obligación asumida no matrimonio canónico. Importantes as notas 336 e 344.
Nº 304.- Francisco recorda as palabras de Sto Tomé de Aquino, o chamado Príncipe dos teólogos. No século XIII escribe: Cos principios xerais, canto máis nos achegamos a casos particulares, máis indeterminacións atopamos.
Nº 305.- Algo semellante nos di a Comisión Teolóxica Internacional no ano 2.009: A lei natural non debería ser presentada como un conxunto de normas que se impoñen a priori, senón máis ben coma unha fonte de inspiración.
Nota 351.-Ensinanza de Francisco sobre como proceder no sacramento da penitencia: Non é unha sala de tortura.(Tamén na nota 364 o papa Xoán Paulo II di algo semellante). Esa frase de Francisco é tan clarificadora como aquelas que pronunciou para definir o que debe ser a Igrexa: hospital de campaña, Igrexa en saída, enviada ás periferias.
Xosé Pumar Gándara