OpiniónNadal? Navidade?

Nadal? Navidade?

As rúas están iluminadas, brillan na noite como endexamais en todo o ano.

Os escaparates, con luz palpitante, están repletos de chamativas ofertas e adornados con  purpurinas de prata e ouro.

Música insistente para que os compradores se poñan en trance de mercar polo intre que estamos a vivir. Hai que gastar, consumir.

Grandes cestas cheas de doces, lambetadas, viños xenerosos, cava e aceite galegos (supoño). Carteis nas vidreiras con neve no chan, polo que vai un reno tirando do carro no que viaxa un ancián, vestido de roxo e grandes barbas brancas.

Portais con ceo azul, estreliñas dominando na noite. Camelos con alforxas. Podemos ler: “Felices Fiestas”. Palabras neutras , leicistas, que nada expresan do Misterio cristián.

Onde está , pois, o Nadal?

Se Xesús Neno quere vir onda nós, onde el acougará? Pasaralle como aquela vez en Belén? Non había sitio, en ningures, para el.

Pero se hai un corazón humilde, aberto a misericordia de Deus Pai, aí atopará berce o Neno Xesús.

Se hai unha familia que se xunta en Navidade para rememorar o Nacimento de Cristo, como celebraban os nosos maiores, aí estará o Señor.

Se hai unha parroquia que mantén o anuncio e fai presente a Navidade con gloria e paz para todos, aí temos a auténtica Navidade.

O mundo enteiro debería ser un berce acolledor para Xesús. Se lle pechamos as portas, pasará de largo e quedaremos orfos, sen Navidade.

Xosé Pumar Gándara

Artículo anteriorIII Lunes de Adviento
Artículo siguienteIII Martes de Adviento

Lo más visto

Condecoración a cuatro sacerdotes en la celebración del Pilar

Los sacerdotes Antonio Vila Brion, párroco de Baroña y Xuño, Ramón Jorge Mosquera (Porto do Son e unidas), Jesús López Míguez (Outes) y José...

«Polo Camiño da fe»: 75 anos da Irmandade Obreira de Acción Católica

A Irmandade Obreira de Acción Católica cumpre 75 anos de existencia. Os militantes de toda Galicia runíronse na Raíña para compartir una xornada de...

Más Entradas